Préstamos Cualificados para la Rehabilitación de Edificios y Viviendas IGVS. Xunta de Galicia 2018

O programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas consiste no establecemento dunha liña de préstamos para financiar a execución destas obras, sempre que estes inmobles estean situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa concesión poderá ir acompañada dunha axuda económica directa consistente na subsidiación dos xuros destes préstamos para as persoas que cumpran os requisitos.

Poderán participar no desenvolvemento deste programa as entidades financeiras que asinadas na orden.

1. Os préstamos cualificados para a rehabilitación terán as seguintes características:

a) Os préstamos serán garantidos con hipoteca ou coas garantías persoais exixidas ás persoas prestameiras polas entidades financeiras.

b) A contía do crédito non poderá exceder o menor dos seguintes importes: a totalidade do orzamento protexible ou trinta mil euros (30.000 €), no caso de préstamo persoal, ou sesenta mil euros (60.000 €), no caso de préstamo con garantía hipotecaria.

c) O prazo de amortización poderá establecerse entre seis meses e quince anos, cun período de carencia inicial de ata dous anos como máximo.

d) Coa formalización do préstamo, poderase dispoñer do crédito ata un máximo do 50 % da súa contía. O resto disporase ao ritmo de execución das obras, mediante a presentación ante a entidade financeira das correspondentes certificacións de obras.

e) A formalización dos préstamos non comportará comisións.

f) No suposto de actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as, os préstamos calcularanse para cada vivenda en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras, sen prexuízo do establecido no punto terceiro deste artigo.

O prazo máximo de presentación será o 15/10/2018.

Para más información sobre as condicións pincha o ENLACE á orde.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s